Felicitación dos alumnos de 1º A cun bonito traballo dos personaxes do Nadal.

É para min un pracer reabrir de novo este blog, con este traballo feito polos  nenos de 1º A, que sei "de boa tinta"que o están a utilizar na clase e na súa casa.
  Doulles as grazas por un montón de cousas: a primeira polo cariñosos que me reciben cada día que entro na súa clase a darlles apoio. O segundo polo boa marcha do curso, capitaneados pola súa profe Encarna. O terceiro pola utilización do blog e por mil cousas máis... que fan que me faga a remolona cada vez que remata a clase e Encarna dime; "Isabel, que te van a botar de menos na outra clase". Bicazos de todos os sabores para os peques.

http://youtu.be/j23sS21ziZc