Traballos conxuntos realizados para a exposición das Letras Galegas dos alumnos de 1º e 2º.

Programamos as profes xuntas, xuntos tamén os catro cursos deseñamos as actividades a realizar cos contos de Carapuchiña, Os chibos,chibóns e Garavanciño da autora Olalla González tras a súa sesión de contacontos, traballamos os libros dos refráns e herbarios e ata nos dou tempo a crear mariquitas con Garavanciño. Noutra entrada publicaremos o libro da visita á cova de Infantil que veredes quedou marabilloso. Grazas á profe Chus que nos axudou coa Carapuchiña e o lobo.
Ah, noutras entradas de Galego xa publicamos páxina a páxina os libros de Carapuchiña e os refráns. Voltade a velos cliqueando na pestana de Galego.