Democraticamente todo o noso Centro eleximos para este trimestre o proxecto da Prehistoria, por tanto non queda outra que "comernos o coco" entre todos, grandes e pequenos, porque imos a comezar.
Adentrarémonos no Xurásico para coñecer algo dos animais daquela época. Aprenderemos as formas de vida na Prehistoria: as súas costumes, alimentación, caza, pinturas rupestres... Vestirémonos de xeito semellante aos homes primitivos, aproveitando o Entroido, e retrocederemos na máquina do tempo miles e miles de anos.
A aprendizaxe cooperativa ponse en marcha.
Como?
1.Traendo contos, materiais, vídeos, colaborando
na decoración...
2. Investigando nos apartados de estudo e
expoñéndoo ante os compañeiros...
Aquí vós deixamos unha pequena avanzadilla e ollade ben aos personaxes: Pedro e Wilma, dos que copiaremos a súa vestimenta para o disfraz do Entroido.