Hoxe,19 de novembro, os alumnos/as de 1ºA fixemos unha saída á biblioteca González Garcés. Foi unha saída moi especial porque nos acompañaron dúas mamis (a de Irene e a de Manuel) e queremos darlles as grazas pola súa xentileza e por adicarnos unhas horas do seu preciado tempo.
Recibiunos Elena, algúns nenos/as xa coñecían por ser a mamá de Martín de sexto. Contounos contos e proxectounos un; expliconos o funcionamento da biblioteca a través da súa páxina webb e en directo vendo os libros e as instalacións. Todos a partir de hoxe deberíamos de saber un pouquiño máis de como se cataloga un libro e das marabillas que esconden no seu interior. Elena foi tan amena nas súas explicacións!!!! Moitas grazas polos agasallos recibidos.
Gustaríame moito que as familias aproveitasen e usasen estas instalacións para fomentar o disfrute da lectura cos seus fillos/as.